lunes, 27 de mayo de 2013

We are the Champions! en 9 mm

Con emoción, felicitamos ós nosos socios que participaron (e dous gañaron) no Campeonato Provincial de Lugo de 9 mm celebrado onte no campo de tiro de Rozas.

Os dous Eduardos do C. de T. O. San Juan de Sarria. Eduardo Corral, pola dereita, recollendo un trofeo na edición 2012 do Memorial Manuel de Las Heras de Pistola Standard á que estamos invitados de novo este ano o vindeiro 30 de xuño de 2013.

Típica mañán fría e húmeda na Terra Cha lucense, colocándose na clasificación xeral Eduardo Corral Río como 2º a tan só 3 puntos do 1º, que foi outro socio e amigo do club, Julio Rivas, pero que tirou en representación do C. de T. San Froilán de Lugo.

Clasificación dos nosos socios neste Campeonato Provincial de 9 mm:

SENIORS
  • 1º- JULIO RIVAS IGLESIAS, 546 puntos
  • 2º- EDUARDO CORRAL RIO, 543
  • 4º- MANUEL RIVAS COUSO, 519
  • 5º- EDUARDO LÓPEZ LÓPEZ, 490

Como curiosidade, víronse na galería de tiro moitas pistolas Sig Sauer P226 X-Six e a munición máis empregada era das marcas Magtech e Geco, todas Full Metal Jacket. ¿Coincidencia?

A socios e participantes desexámoslles moita saúde e pólvora para que sigan a competir e gañar campeonatos de calquera modalidade de tiro.