viernes, 8 de noviembre de 2013

O Concello de Sarria recoñece o éxito dos nosos campeóns alevíns

Os nosos campeóns alevíns, Ana López Gallego e Javier Díaz Jara, asistiron onte a unha recepción no Concello co alcalde, José Antonio García, e co concelleiro de deportes, Manuel Sangil. Dende o concello móstranse moi satisfeitos polos éxitos deportivos destes xovenes veciños de Sarria e amosan a súa intención de colaborar co noso club en todo o posible.

Os rapaces estiveron acompañados pola súa familia e por Eduardo López e Gonzalo Fernández, secretario e presidente do Club de Tiro San Juan de Sarria.


jueves, 7 de noviembre de 2013

A Campeona nacional de Pistola Aire Alevín Femenino é de Sarria

¡Pois si, é certo! A canteira de alevíns que temos no club de Sarria segue a regalarnos trofeos e boas clasificacións.

No Campeonato Nacional de Jóvenes Promesas que ven de celebrarse en Logroño, dende o 28 de outubre ata o 1 de novembro, a nosa compañeira Ana López Gallego acadou o 1º posto, medalla de ouro na categoría de Alevín Femenino Pistola Aire, ademáis doutra medalla de ouro por equipos que obtiveron as representantes galegas.

O compañeiro Javier Díaz Jara, en Alevín Masculino Pistola Aire, conformouse cun meritorio e reñido 9º posto, gardando así enerxías para os próximos compromisos deportivos que cada vez son máis esixentes. Lembremos que este rapaz ostenta o actual récord de España da súa categoría.

Noraboa para ámbolosdous. Seguide coa ilusión e con ese nivel de campeóns para cando empecedes coas outras modalidades de Avancarga, Fuego Central, Mini-Fclass, etc.

E aquí temos unhas fotos que amosan a ledicia dos participantes:

Ana no primeiro posto do pódium

Ana con dous diplomas máis. ¿Onde gardará tanto trofeo e diploma?

O compañeiro e "Mestre" Xulio Rivas cos rapaces galegos que participaron no campeonato

Tirada do Magosto de 2013 en Monforte

O Club de Tiro Cabe, de Monforte, invítanos a participar na súa Tirada do Magosto de 2013.


data: 1 de decembro de 2013... 1/12/2013

data remate inscripcións: 28/11/2013

hora: 1ª tanda ás 9:30

onde: Galería de tiro José Ángel Blanco, As Lamas, Monforte

modalidade: Pistola Standard para Damas, seniors, Veteranos e Juniors

inscripcións: antes do 28/11/2013


Miguel Colmenares encabeza el Ránking MLAIC-2014 español de armas cortas

Nuestro compañero Miguel Colmenares cierra esta temporada encabezando el Ránking MLAIC-2014 español de armas cortas, sin olvidarnos de sus medallas de oro y plata en el pasado campeonato mundial de Avancarga en Alemania. Inigualable temporada ésta, y como nos tiene acostumbrados a muchos éxitos, que hacemos nuestros, por eso le deseamos lo mejor para la siguientes.

- En el Gran Prix Internacional Príncipe de Asturias se hizo con el primer puesto en Colt, Donald Malson y Remington, consiguiendo el bronze en Tanzutsu, Pensylvania y un reñido cuarto puesto en Cominazzo.

- En la Copa Presidente fue el mejor en cada una de las tres fases de Colt y Remington.

- Victoria por equipos en la Nation Trophy con el equipo Reales Arcabuceros.

- Consiguió el récord gallego en la modalidad de Colt con 96 puntos.

- Lidera el Ránking MLAIC-2014 español de armas cortas con 117 puntos.

Y en lo personal merece más de una medalla de oro por su amabilidad, paciencia, dedicación y compromiso con sus compañeros y con este deporte. Miguel, te deseamos suerte, buena puntería y mucha pólvora negra.