jueves, 7 de noviembre de 2013

A Campeona nacional de Pistola Aire Alevín Femenino é de Sarria

¡Pois si, é certo! A canteira de alevíns que temos no club de Sarria segue a regalarnos trofeos e boas clasificacións.

No Campeonato Nacional de Jóvenes Promesas que ven de celebrarse en Logroño, dende o 28 de outubre ata o 1 de novembro, a nosa compañeira Ana López Gallego acadou o 1º posto, medalla de ouro na categoría de Alevín Femenino Pistola Aire, ademáis doutra medalla de ouro por equipos que obtiveron as representantes galegas.

O compañeiro Javier Díaz Jara, en Alevín Masculino Pistola Aire, conformouse cun meritorio e reñido 9º posto, gardando así enerxías para os próximos compromisos deportivos que cada vez son máis esixentes. Lembremos que este rapaz ostenta o actual récord de España da súa categoría.

Noraboa para ámbolosdous. Seguide coa ilusión e con ese nivel de campeóns para cando empecedes coas outras modalidades de Avancarga, Fuego Central, Mini-Fclass, etc.

E aquí temos unhas fotos que amosan a ledicia dos participantes:

Ana no primeiro posto do pódium

Ana con dous diplomas máis. ¿Onde gardará tanto trofeo e diploma?

O compañeiro e "Mestre" Xulio Rivas cos rapaces galegos que participaron no campeonato