domingo, 28 de diciembre de 2014

XIV Trofeo "Cocido de Lalín" de Pistola Standard. 2015

Primeira tirada clásica e imprescindible do calendario anual... 

Con razón ou sen ela!

 

Pistón, porco celta e mascocta da tirada do Cocido de Lalín 2015,
ten a ben invitarnos a unha nova edición deportiva e gastronómica


Aos meus estimados tiradores: 

Empezamos o calendario deportivo de 2015 cunha competición clásica e chea de encanto que non deberiamos esquecer: a XIV Tirada do Cocido de Lalín de Pistola Standard en Monforte, co posterior xantar dun abraiante cocido (estilo Lalín) en Rodeiro. O esperado reparto entre os participantes da sensual delicatessen que é o afamado trofeo do porquiño de Lalín, terá lugar ao remate do xantar e despois da queimada (con esconxuro).

data: 25/01/2015

onde: Galería de tiro do Club Cabe de Monforte

hora: a partir das 10

modalidade: Pistola Standard

inscripcións: antes do 20/01/2015 para os que se apunten ao cocido en Rodeiro nos teléfonos:
  • 656 829 731; Alfonso
  • 670 879 093; Ramón

 
xantar do cocido: no mesmo restaurante do ano pasado en Rodeiro. 

prezos da inscricpción e do xantar: preguntar ao inscribirse


Só nos queda agradecerlle aos compañeiros organizadores de Lalín, Alfonso e Ramón, a súa iniciativa, traballo e perseverancia nestes tempos confusos e difíciles para todos, e tamén aos compañeiros do Club de Tiro cabe de Monforte pola súa axuda desinteresada. 

Desexámoslle a todos eles e aos tiradores participantes, saúde, sorte, boa puntería e moita pólvora para que sigan organizando esta festa gastronómica de inverno do tiro olímpico, que por mor da súa sona provoca a escasez de porco celta durante estas datas.

Saúdos dende Lalín do voso compañeiro tirador, Pistón.

Agradecerase aos tiradores a puntualidade!!!