Con emoción, felicitamos ós nosos socios que participaron (e dous gañaron) no Campeonato Provincial de Lugo de 9 mm celebrado onte no campo de tiro de Rozas.
Típica mañán fría e húmeda na Terra Cha lucense, colocándose na clasificación xeral Eduardo Corral Río como 2º a tan só 3 puntos do 1º, que foi outro socio e amigo do club, Julio Rivas, pero que tirou en representación do C. de T. San Froilán de Lugo.
Clasificación dos nosos socios neste Campeonato Provincial de 9 mm:
SENIORS
Clasificación dos nosos socios neste Campeonato Provincial de 9 mm:
SENIORS
- 1º- JULIO RIVAS IGLESIAS, 546 puntos
- 2º- EDUARDO CORRAL RIO, 543
- 4º- MANUEL RIVAS COUSO, 519
- 5º- EDUARDO LÓPEZ LÓPEZ, 490
Como curiosidade, víronse na galería de tiro moitas pistolas Sig Sauer P226 X-Six e a munición máis empregada era das marcas Magtech e Geco, todas Full Metal Jacket. ¿Coincidencia?
A socios e participantes desexámoslles moita saúde e pólvora para que sigan a competir e gañar campeonatos de calquera modalidade de tiro.