Os nosos campeóns alevíns, Ana López Gallego e Javier Díaz Jara, asistiron onte a unha recepción no Concello co alcalde, José Antonio García, e co concelleiro de deportes, Manuel Sangil. Dende o concello móstranse moi satisfeitos polos éxitos deportivos destes xovenes veciños de Sarria e amosan a súa intención de colaborar co noso club en todo o posible.
Os rapaces estiveron acompañados pola súa familia e por Eduardo López e Gonzalo Fernández, secretario e presidente do Club de Tiro San Juan de Sarria.