1ª tirada clásica e imprescindible do calendario anual, con razón ou sen ela!
Empezamos as tiradas deste ano cunha competición chea de encanto e que non debemos esquecer: XIII Tirada do Cocido de Lalín de Pistola Standard en Monforte, co xantar dun abraiante cocido en Rodeiro e reparto entre os participantes da sensual delicatessen que é o afamado trofeo do porquiño de Lalín.
onde: Campo de tiro do Club Cabe de Monforte
hora: a partir das 10
modalidade: Pistola Standard
inscripcións: antes do 23/01/2014 para os que se apunten ao cocido en Rodeiro nos teléfonos
- 656 829 731
- 670 879 093
xantar do cocido: no mesmo restaurante do ano pasado en Rodeiro.
prezos:
- 5 € a inscripción da tirada
- 20 € o cocido
Só nos queda agradecerlle aos compañeiros organizadores de Lalín Antonio Prieto e Batán a súa iniciativa, traballo e perseverancia nestes tempos confusos e difíciles para todos, e tamén aos compañeiros do Club de Tiro cabe de Monforte a súa axuda inestimable.
Desexámoslle a todos eles saúde, moita sorte e pólvora para que sigan organizando esta festa gastronómica de inverno do tiro olímpico, que por mor da súa sona provoca a escasez de porco celta na zona durante estas datas.
Agradecerase aos tiradores a puntualidade.
Agradecerase aos tiradores a puntualidade.