Primeira tirada clásica e imprescindible do calendario anual...
Con razón ou sen ela!
![]() |
Pistón, porco celta e mascocta da tirada do Cocido de Lalín 2015, ten a ben invitarnos a unha nova edición deportiva e gastronómica |
Aos meus estimados tiradores:
Empezamos o calendario deportivo de 2015 cunha competición clásica e chea de encanto que non deberiamos esquecer: a XIV Tirada do Cocido de Lalín de Pistola Standard en Monforte, co posterior xantar dun abraiante cocido (estilo Lalín) en Rodeiro. O esperado reparto entre os participantes da sensual delicatessen que é o afamado trofeo do porquiño de Lalín, terá lugar ao remate do xantar e despois da queimada (con esconxuro).

data: 25/01/2015
onde: Galería de tiro do Club Cabe de Monforte
hora: a partir das 10
modalidade: Pistola Standard
inscripcións: antes do 20/01/2015 para os que se apunten ao cocido en Rodeiro nos teléfonos:
- 656 829 731; Alfonso
- 670 879 093; Ramón

xantar do cocido: no mesmo restaurante do ano pasado en Rodeiro.
prezos da inscricpción e do xantar: preguntar ao inscribirse
Só nos queda agradecerlle aos compañeiros organizadores de Lalín, Alfonso e Ramón, a súa iniciativa, traballo e perseverancia nestes tempos confusos e difíciles para todos, e tamén aos compañeiros do Club de Tiro cabe de Monforte pola súa axuda desinteresada.
Desexámoslle
a todos eles e aos tiradores participantes, saúde, sorte, boa puntería e moita pólvora para que sigan organizando
esta festa gastronómica de inverno do tiro olímpico, que por mor da súa
sona provoca a escasez de porco celta durante estas datas.
Saúdos dende Lalín do voso compañeiro tirador, Pistón.
Saúdos dende Lalín do voso compañeiro tirador, Pistón.
Agradecerase aos tiradores a puntualidade!!!