Mostrando entradas con la etiqueta arma. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arma. Mostrar todas las entradas

lunes, 30 de septiembre de 2013

Armas históricas e antiguas con boa gastronomía en Xove. Exhibición 2013

Os compañeiros do Club de Tiro Costa Lucense de Xove organizaron un ano máis a tirada de exhibición de armas históricas, seguido, coma sempre, dun xantar de confraternidade ao estilo galego festivo (mariscada-churrascada abondosa) no restaurante Louzao (outro clásico).


Neste video podemos ver algunha das armas expostas e algúns participantes:


Enlaces fotos:

a) http://www.flickr.com/photos/59172901@N02/sets/72157636082546213/

b) http://www.flickr.com/photos/59172901@N02/10036946466/


Enlaces a vídeos:

a) http://www.flickr.com/photos/59172901@N02/sets/72157636112987654/

b) Aquí podemos ve-la reportaxe que nos fixo a TVG o 29/09/2013: http://www.crtvg.es/informativos/afeccionados-as-armas-historicas-compiten-en-xove-670656

c) E aquí podemos ve-la esperada entrevista que lle fixeron ao compañeiro Miguel Colmenares na TVG por ser campeón do mundo de armas históricas: http://www.crtvg.es/informativos/un-lugues-e-campion-do-mundo-de-armas-historicas-629580


Se algún dos participantes ou acompañantes tivera fotos ou vídeos desta actividade, estaríamos moi agradecidos se quixeran compartilos no noso álbum.

Saúde e pólvora!

miércoles, 9 de enero de 2013

Calendario de tiradas en toda Galicia. 2013

Calendario Precisión 2013 Precisión.pdf

Actualizado el 14/01/2013

Neste enlace podedes atopar o calendario de tiradas de toda Galicia para o 2013 con tódalas modalidades e clubes (agás Ourense). Actualizado a 30/12/2012 :
  • Campeonatos Provinciáis Galegos
  • Campeonatos Autonómicos (fináis)
  • Campionatos Interprovinciáis
  • Tiradas Sociales dos clubes galegos
  • Tiradas de "entrenamiento"
  • Probas da obtención da licencia F en Galicia 

NOVEDADES NO 2013:
  1. Salienta-la inclusión da modalidade Donald Manson (revólver de percusión a 50 m) nos campeonatos provinciáis e autonómico de Avancarga.
  2. A Federación Galega recoméndalle aos clubes que organicen tiradas de Donald Manson, Núñez de Castro, Miguelete e Piñal (revólver de cartuchería metálica -45 Long Colt e 44-40- a 25 m) para incluilas como modalidades oficiáis no 2014. 

Os revólveres de cartuchería metálica dos calibres 45 Long Colt, 44-40 e 22 Lr que sexan réplica de armas anteriores a 1890 pódense guiar coa licencia AE sen problema, disguste a quen disguste. É así, que non vos engañen en ningún lado, e se algún tirador atopa algún "impedimento" para guiar estas armas coa licencia AE, pode poñerse en contacto conmigo ou que se faga socio da Asociación Nacional del Arma (www.anarma.org) e xa lle amplían eles a información.

Pódense ver neste enlace os revólveres guiables con AE: http://www.uberti.com/firearms/single-action-cattleman.php


Saúde, moita pólvora negra e puntería.

martes, 24 de julio de 2012

Precisión Gastronómica. Nova modalidade Standard en Xove

É preciso agradecerlle ós directivos do Club de Tiro Costa Lucense de Xove a súa inmellorable "puntería" e dedicación para as larpeiradas gastronómicas. Nos agasallaron cunha mesa convertida nunha diana chea de deces para un abraiante xantar. Este xantar, ou Gran Mariscada, e xa máis que un clásico deportivo das competicións de tiro, é a nova modalidade de Precisión Gastronómica (de Groso Calibre).

Empezamos a modalidade no mesmo Campo de Tiro de A Grava, onde puidemos coller folgos con café quente, bollería, refrescos, pan de forno de leña de trigo do país, viños, xamón e máis embutidos. Ningún tirador quedou sen enerxía para competir en igualdade de condicións.

Os disparos de proba fixémolos nada máis chegar ao restaurante no seu agarimoso xardín. Tiramos co groso calibre do xamón de porco celta landreiro, queixo de San Simón da Costa e outros peperetes: polbo á feira do calibre 12/80; calamares rebozados que semellaban os buratos feitos por un 32 Wadcutter; empanada de follado e outros queixos deliciosos para parchear os buratos que quedaban, se alguén os tiña aínda, cuestión moi dubidosa.

Pasamos á cancha de tiro reconvertida en comedor e alí pousamos as nosas armas á espera da munición. Empezamos cun calibre 45 ACP, unhas nécoras da nosa ría, moi manexables en calquera man, de tamaño medio e moi sabrosas. A nosa velocidade chuchando das súas patas semellaban ser as balas do calibre 22 Lr disparadas en Pistola Velocidade.

Seguimos a disfrutar ata a fartura co 9 mm Percebeiro, balas de 250 grains do mellor Roncudo, pero dándolle caña como quen dispara en IPSC e non pousadamente como en precisión. Os anxos do ceo practican esta modalidade, a bo Fé que si.

De seguido, co arrecendo sublime da pólvora marisqueira aínda nos beizos, dimos conta dunha langosta cocida, tal cual un Colt Python disparando cun 357 Magnum. ¡Indescriptible a langosta soíña e cos prebes!

Pra rematar esta orxía marisqueira disparamos a gusto cun lubrigante á grella, da nosa costa e do calibre 38 Special. Estaba perfecto, no seu punto, non torrado, fresco, pouco graxento, cun arrecendo e un sabor inmellorables.

Por se alguén quedara con fame ou sen munición, rematamos cunha carne de terneira chea de ternura acompañada de cogomelos, patacas panadeira, chícharos e cenorias. Esa carne era como a dos xantares de festa, cando cativos, aqueles xantares nos que se mataba un becerro da casa e cando a carne tiña sabor propio e denominación de orixe. Lembroume a un corzo que cociñamos hai ben poucos días e que cazamos cun 300 Winchester Magnum a 200 m.

Rematamos coa pólvora negra. Os xelados e a tarta de chocolate semellaban ser a carga precisa para deleitarse cun Santa Bárbara do 44 en Mariette, ou calquera outra arma para Kuchenreuter ou Vetterli. Cafés e chupitos sen límite axudaron a limpar os casquillos desta "tirada gastronómica".

Desexamos, os tiradores, que o exemplo agrome nas directivas doutros clubes e así poder disfrutar do deporte do Tiro Olímpico e da gastronomía autóctona. ¿Por que non unha tirada adicada ao lacón con grelos, ao porco celta, ou ao berberechiño, ou mesmo á bica con torreznos?

Saúde e moita pólvora para todos. 

Bo proveito.

sábado, 7 de julio de 2012

IV Trofeo Galaico-Luso de Armas Históricas. Pontevedra

cando: 21/07/2012
onde: Cernadiñas Novas, Pontevedra
data límite da inscripción: antes do 12/07/2012
modalidades: Mariette, Kuchenreuter e Vetterli

Seguindo coa tradición na avancarga galega e portuguesa, o vindeiro 21 de xullo celebraremos en Pontevedra o IV Trofeo Ciudad de Barcelos de Armas Históricas.

Inscripcións:


- Club de Tiro Cernadiñas Novas: 986 86 06 20
- tiro@cernadinasnovas.es
- Delegación Provincial de Tiro Olímpico, Pontevedra: 986 86 39 12
- Unha modalidade: 10 €
- Dúas modalidades, 15 €
- Tres modalidades, 20 €
- Xantar, 15 €

Ao remate do xantar terá lugar a entrega de premios.

jueves, 7 de junio de 2012

Curso de recarga en A Coruña do 30/06 ao 1/07

data: 30/06 ao 1/07
onde: A Coruña
coste: 100 €, aproximadamente
inscripción: Delegación da FEGATO en Lugo
982 25 05 70, polas tardes de luns a xoves e de 19 a 20 horas
lugo@fegato.eu


Dende o 30 de xuño ao 1 de xullo terá lugar en A Coruña un curso de recarga de cartuchería metálica. Este curso é imprescindible para consegui-lo certificado da Escola de Tiro da Federación Española de Tiro Olímpico que temos que presentar na intervención de armas para que nos concedan o permiso de recarga.

Ter permiso de recarga non implica saber recargar, por iso, unha vez que teñamos o permiso de recarga, será moi conveniente "practicar" con xente experimentada e leer algún libro de recarga como os de Saúl Braceras ou o de René Malfatti, ambos en español, e outros en inglés como os de Hornady ou RCBS.






jueves, 31 de mayo de 2012

II Memorial Manuel de las Heras de Pistola Standard

fecha: 17/06/2012
hora: 9:30
modalidad: Pistola Standard
inscripción: hasta el 14/06


El próximo 17 de junio de 2012 tendrá lugar la 2ª edición del  Memorial Manuel de las Heras, modalidad de Pistola Standard, en nuestro campo de tiro de A chousa de Padriñán.

Es imprescindible comunicar asistencia antes del jueves 14 de junio.

Es una competición social valedera para renovar la licencia F de 3ª ó 2ª categorías y abierta a todos los clubs y tiradores.

Al finalizar, se celebrará la tradicional comida de confraternidad en el restaurante del Cámping Vila de Sarria, en el transcurso de la cual se entregarán los trofeos. El coste del almuerzo será de 23 € y se harán las reservas del mismo en el teléfono del restaurante.

Teléfonos de contacto:
Restaurante del Cámping Vila de Sarria, 982 53 54 67
Eduardo, 639 672 160
Javier, 671519 219
Gonzalo, 619 601 454
clubdetirosanjuan@gmail.com


¡Más que un club!  Historia de este trofeo


El club celebra esta competición en memoria de su fundador, Don Manuel de las Heras Briones, coincidiendo con las fiestas patronales de San Xoan de Sarria. El colectivo ya organizaba anteriormente un campeonato durante los días de este festejo, pero tras su fallecimiento acordó celebrarlo en reconocimiento a su fundador. En palabras de nuestro actual presidente, Don Gonzalo Rodríguez, «Con el queremos ter no recordo ó primeiro presidente e ó fundador do club, para que non quede olvidado».
 
Corría el mes de enero de 1982 cuando un grupo de cinco sarrianos entusiastas del tiro, Manuel de las Heras, Dimas Rodríguez, Máximo Salinas, Isidoro Pintos y Gonzalo Rodríguez, decidían fundar el club San Juan en Sarria. Manuel de las Heras fue nombrado presidente y ocupó el cargo hasta su fallecimiento siendo sustituido por otro de los fundadores, Gonzalo Rodríguez.

Entonces, el primer paso fue conseguir el terreno necesario para construir el campo de tiro y para ello compraron dos fincas en las que comenzaron con tiro al plato, curiosamente una modalidad de tiro que hoy no cuenta con sección en el club.

En años posteriores comenzaron a practicarse modalidades de precisión que poco a poco fueron ganando un elevado número de adeptos. La oferta es actualmente muy amplia y engloba modalidades olímpicas así como otras de carácter deportivo: pistola y carabina de aire, pistola deportiva damas, pistola velocidad, pistola libre, fuego central, 9 mm, carabina miras abiertas, avancarga (armas históricas) y carabina tres posiciones y tendido. Próximamente se incluirán Benchrest 50, F-class R e IPSC Airsoft.

D. Manuel de las Heras Briones
Don Manuel de las Heras

miércoles, 23 de mayo de 2012

Calendario de Competicións no 2012

Este é o blog do Club de Tiro Olímpico San Juan de Sarria, creado para informar das nosas actividades, resultados das competicións sociáis, campeonatos provinciáis e autonómicos e doutros temas relacionados co tiro olímpico en Galicia. Podes achegarnos calquera consulta que precises.

Quen somos?
Uns 500 socios unidos pola nosa afición ao deporte do tiro olímpico dende 1982.

Onde estamos?
En Sarria, na provincia de Lugo. 

Mapa para chegar ao noso campo de tiro: mapa no Google


CALENDARIO DE COMPETICIÓNS  2012


P: S.: Pistola Standard
F. C.: Fuego Central
P. D.: Pistola Damas
P. L.: Pistola Libre
C. 22: Carabina 22 Lr
A. H.: Armas Históricas (avancarga) 

XUÑO
  • 17/06    Trofeo Memorial Manuel de las Heras. Pistola Standard   ver resultados

XULLO
  •   1/07    P. S.
  • 22/07    F. C. + P. D. + A. H.
  • 29/07    C. 22

AGOSTO
  •   5/08    P. S.
  • 19/08    F. C. + P. D. + A. H.
  • 26/08    C. 22

SETEMBRO
  • 16/09    F. C. + P. D. + A. H.

OUTUBRE
  •   6/10    Entrenamento controlado
  •   7/10    P. S.
  • 12/10    9 mm 
  • 14/10    P. L.

NOVEMBRO
  • 18/10    C. 22

Para calquera consulta: 
- podes chamar ao 982 *** 999
- ou ben escribir a clubdetirosanjuan@gmail.com
- e para temas relacionados con este blog: clubtirosarria@yahoo.es