Mostrando entradas con la etiqueta churrasco. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta churrasco. Mostrar todas las entradas

martes, 21 de mayo de 2013

I MARATÓN DE AVANCARGA. 2013, Sarria

Resultados do 1º match da I MARATÓN DE AVANCARGA. 2013, Sarria.


MARIETTE

1º- Andrés González, 98 puntos
2º- Miguel Colmenares, 96
3º- Eduardo Corral, 94
4º- José López
5º- Alberto Vila
6º- Víctor Rodríguez


KUCHENREUTER

1º- Andrés González, 94
2º- Miguel Colmenares, 87
3º- Xabier Barreiro, 75


PIÑAL

1º- Alberto Vila
2º- Xabier Barreiro

  • O próximo día empezaremos con Donald Malson (revólver de percusión a 50 m) e seguiremos con Mariette, Veterli, armas de chispa e Piñal, e calquera outra modalidade que escolla libremente cada tirador.
  • De seguido, vou propoñer unhas datas para organizar tiradas de Avancarga eses días. Tedes que escoller as 3 ou 4 que máis vos conveñan e decirmo para facer un mini calendario que nos permita participar á maioría. 
  • As datas propostas para as seguintes tiradas do Maratón de Avancarga son:
    • 2/06/2013
    • 16/06/2013
    • 22/06/2013
    • 23/06/2013
    •  ...................
    •  7/07/2013. É a tirada oficial e antes temos Fuego Central.
    • 21/07/2013
    • 28/07/2013
    •  ...................
    • 18/08/2013. É a tirada oficial e antes temos Fuego Central.
    •  ...................
    •  8/09/2013
    • 22/09/2013
    •  ...................
    • 6/10/2013
    • 13/10/2013
    • 20/10/2013
    • 27/10/2013
  • Tan pronto como estea feito o calendario do Maratón de Avancarga publicarase neste blog. 
  • Admítense e agradécense suxerencias.
  • Nas vindeiras tiradas de Avancarga tamén haberá "servicio de cátering", máis ou menos light. 
  • A churrascada do compañeiro Eduardo Corral foi maxistral, toda unha lección de dominio do lume e sabiduría coa carne. 
  • As empanadas que levou Manuel Arias eran ¡¡afrodisíacas!!
  • E os queixos de José López sabían mellor que os de O Cebreiro.

Ata entón, saúde, churrasco e moita pólvora negra.

lunes, 13 de mayo de 2013

Pólvora, empanada e churrasco: estamos en Galicia

A sección gastronómica do C. T. O. San Juan de Sarria, informa que énchelle de ledicia o comunicar a socios e tiradores simpatizantes (con buen rollito) que o próximo venres, 17/05/2012, día festivo na honra das Letras Galegas, ás 10 horas e con vento do Caurel, organizarase unha tirada de Fogo Central e outra de Armas Históricas; en Avancarga tiraremos en Piñal (revólver de cartuchería metálica), Mariette, Kuchenreuter e calquera outra modalidade que os tiradores escollan.

Para os madrugadores haberá café con churros ou bolechas, e ao remate das tiradas, ou entre tanda e tanda, estamos invitados a papar uns petiscos do bo churrasco de porco celta de Triacastela baixo en colesterol con pan de trigo do país de forno de leña de Antas de Ulla, empanada (¿¡de cocido¡?) de Sarria, viño, refrescos e café, sempre e cando non se esgoten as existencias na cociña da cantina do campo de tiro de Sarria.

Agradécese confirmación da asistencia antes do 15/05/2013, aínda que non pasa nada por chegar a última hora e participar nunha tirada, aínda sen petisco de churrasco.

Non só de pólvora vivimos os tiradores, e de cando en vez...