domingo, 6 de octubre de 2013

Éxitos deportivos dos nosos socios en Juvenil Aire e 9 mm

Como bendecidos por un bo meigallo ou polos trasnos das armas, que habelos tamén hainos, así estamos os socios do Club de Tiro San Juan de Sarria. Este domingo quedará na memoria deportiva do noso clube como histórico, ou cando menos inigualable, polos éxitos deportivos acadados polos nosos socios, tanto alevíns, como xuveníl e senior.

Esperamos que estes éxitos deportivos, e tamén persoáis polo esforzo do entrenamiento e competición, sexán  un bo exemplo para que outros tiradores se decidan a participar asiduamente nas competicións do club creando máis canteira local, sen límites de idade ou modalidades nas que competir.

Felicitámolos a todos eles e agradecemos estes momentos de ledicia deportiva no noso club desexándolles o mellor para que sigan a deleitarnos cos seus reiterados éxitos.


Fase Final do Campeonato Autonómico de Jóvenes Promesas de Carabina e Pistola Aire Comprimido


Na Final do Campeonato Autonómico celebrado hoxe en Arteixo, os nosos representantes acadaron as seguintes clasificacións:
  • Na modalidade Alevín Femenino Pistola Aire Comprimido, a Subcampeona foi Ana López Gallego, empatada a puntos coa campeona.             
     
  • Na modalidade Alevín Masculino Pistola Aire, o 4º clasificado foi Javier Díaz Jara, que é o actual campeón e Récord de España.
     
  • Na modalidade Juvenil Masculino Carabina Aire, o tirador Antolin Sánchez Díaz quedou 3º clasificado neste campeonato.

Aquí podemos ver a Ana e Javier cos seus diplomas.

Como as boas costumbres nunca se perden, esperamos deles que sigan gañando trofeos por moitos anos en máis modalidades e noutras categorías.

Gracias e ánimo!


Eduardo Corral Río gañou o XX Trofeo San Froilán de 9mm


En realidade, parafraseando o título dunha coñecida película americana, deberiamos titular este post coa frase Naceu unha estrela (para o deporte do tiro).

O amigo e compañeiro nos postos de tiro do noso club de Sarria, Eduardo Corral Río, acadou hoxe o primeiro posto no podio do XX Trofeo San Froilán de 9 mm con 563 puntos, seguido por Dario Piroscia Penado (C.T. O Castro) con 553 puntos e de Juan Doval Rodríguez (CTO Ourense) con 539 puntos, sendo o cuarto clasificado Ariel Fernández Fernández (Sovito) con 533; todos eles na categoría de Seniors, salientando que Dario Piroscia ostenta o actual récord español e galego desta modalidade con 579 puntos dende hai un ano.

Na categoría de Veteranos o ouro foi para Ramón Arbe Fernández, 559 puntos, e a prata para José Manuel Álvarez, ambos do C.T. O Castro. O terceiro posto foi para Pedro Fernández García, do Aeroclub, e o cuarto lugar ocupouno Eduardo Barreiro Daponte, do club vigués Sovito. Temos que destacar a puntucación de Ramón Arbe, moi cerca da conseguida por Eduardo Corral.

Corral Río leva anos no tiro, pero nunca entrenou regularmente nin participou en campeonatos de certa relevancia ata este ano, ano no que acadou unhas puntuacións moi altas para poder colocarse na élite dos cinco mellores de Galicia nas competicións que participa.

Son testigo de como este home fai 9 e 10 con calquera arma larga ou corta, sexan de avancarga ou de cartuchería metálica, do 22 Lr ou do 308 Winchester, incluso sendo a primeira vez que ten a arma na súa man entre ollos e diana. 

Eduardo executou hoxe unha tirada espectacular de 9 mm con algún parcial de 98 puntos, como espectacular tamén foi o churrasco que tivo a ben cociñar para os socios nunha maratón de tiro.

Saúde e pólvora!