jueves, 16 de enero de 2014

XIII Trofeo "Cocido de Lalín" de Pistola Standard. 2014

1ª tirada clásica e imprescindible do calendario anual, con razón ou sen ela!

Empezamos as tiradas deste ano cunha competición chea de encanto e que non debemos esquecer:  XIII Tirada do Cocido de Lalín de Pistola Standard en Monforte, co xantar dun abraiante cocido en Rodeiro e reparto entre os participantes da sensual delicatessen que é o afamado trofeo do porquiño de Lalín.
 
data: 26/01/2014

onde: Campo de tiro do Club Cabe de Monforte

hora: a partir das 10

modalidade: Pistola Standard

inscripcións: antes do 23/01/2014 para os que se apunten ao cocido en Rodeiro nos teléfonos

  • 656 829 731
  • 670 879 093

xantar do cocido: no mesmo restaurante do ano pasado en Rodeiro. 

prezos: 
  •   5 € a inscripción da tirada
  • 20 € o cocido

Só nos queda agradecerlle aos compañeiros organizadores de Lalín Antonio Prieto e Batán a súa iniciativa, traballo e perseverancia nestes tempos confusos e difíciles para todos, e tamén aos compañeiros do Club de Tiro cabe de Monforte a súa axuda inestimable. 

Desexámoslle a todos eles saúde, moita sorte e pólvora para que sigan organizando esta festa gastronómica de inverno do tiro olímpico, que por mor da súa sona provoca a escasez de porco celta na zona durante estas datas.

Agradecerase aos tiradores a puntualidade. 

***AQUÍ para ve-las fotos e clasificación de 2013