Ata cinco tandas, case os cincuenta tiradores, foron necesarias entre o sábado 16 e o domingo 17 de xuño para remata-lo II Memorial Manuel de las Heras de Pistola Standard. A competición resultou moi reñida na puntuación, xa que a calidade dos tiradores foi abraiante. En conxunto, foi unha actividade lúdica moi animada e agradable cuns participantes que amosaron un espíritu cívico e deportivo exemplares.
Agradecemos aos participantes a súa asistencia e o seu compromiso co noso club e co noso deporte. Contamos con todos vós na próxima edición. ¡Non faltedes!
Por cuestións técnicas deste blog, só poñemos os cinco primeiros clasificados de cada categoría. Se alguén está interesado en saber a súa clasificación exacta pode poñerse en contacto co club.
A clasificación final:
SENIORS
- JULIO RIVAS IGLESIAS 534 LUGO
- JOSÉ LUIS FDEZ FLORES 533 LUGO
- MANUEL RIVAS COUSO 529 LUGO
- MANUEL LUIS TORRÓN PUGA 526 LUGO
- MIGUEL ÁNGEL COLMENARES DÍAZ 525 LUGO
VETERANOS
- ÁNGEL GONZÁLEZ FUERTES 510 ASTURIAS
- MANUEL A. PÉREZ FDEZ. 487 SARRIA
- ANTONIO GALLEGO MARZABAL 466 SARRIA
- JESÚS SÁNCHEZ TRASEIRAS 464 LUGO
- ÁNGEL VIVEIRO CUBA 452 VIVEIRO
DONAS
- REMEDIOS CASTEDO CARBALLO 452 LUGO
- Mª CARMEN RGUEZ. SÁNCHEZ 441 SARRIA
- INÉS GUEIMUNDE LÓPEZ 433 LUGO
- RAQUEL HERNÁNDEZ RÍO 302 SARRIA