miércoles, 20 de junio de 2012

XIV Tirada Pistola Standard en Xove. Open Nacional

cando: 14/07 e 15/07 de 2012
data límite confirmación asistencia para a tirada e o xantar: 9/07/2012
onde: Galería de tiro de A Vara, Concello de Xove (Lugo)
organiza: Club de Tiro Costa Lucense
categorías: Damas, Veteranos e Seniors


RESULTADOS:
http://clubtirosarria.blogspot.com.es/2012/07/resultados-xove-2012-xiv-open-nacional.html

Algunhas fotos do xantar posterior á tirada e da entrega de premios:
http://www.flickr.com/photos/59172901@N02/


Un ano máis, e xa van 14, o Club de Tiro Costa Lucense convócanos á súa tradicional tirada de verán en Pistola Standard, Open Nacional, e para tódalas categorías. Os interesados deberán confirma-la súa asistencia antes do 9 de xullo, tanto para competir como para o xantar da "Gran Mariscada" no Restaurante Louzao, praia de Area (Viveiro). Ao remate do xantar entregaranse os trofeos de cada categoría e trofeos para tódolos tiradores participantes. 

É todo un clásico dos eventos do Tiro Olímpico con encanto para facer deporte, turismo e disfrutar da gastronomía galega. Unha competición aberta ós tiradores galegos e de España.

Sábado, 14 de xullo:
  1. tanda ás 11 horas
  2. tanda ás 16 horas
  3. tanda ás 18:30 horas
O domingo, 15 de xullo, a 1ª tanda será ás 10 horas e a última ás 12 horas. 

ROGAMOS PUNTUALIDADE para participar na tanda correspondente.

Inscripcións:

  • Delegación Provincial da Federación de Tiro de Lugo; 982 25 05 70. lugo@fegato.eu
  • No Club de Tiro Costa Lucense. Tel. e fax: 982 592 653
  • Nos teléfonos 661 552 891; 619 374 433; 658 235 186
  • tirocostalucense@gmail.com