lunes, 13 de mayo de 2013

Pólvora, empanada e churrasco: estamos en Galicia

A sección gastronómica do C. T. O. San Juan de Sarria, informa que énchelle de ledicia o comunicar a socios e tiradores simpatizantes (con buen rollito) que o próximo venres, 17/05/2012, día festivo na honra das Letras Galegas, ás 10 horas e con vento do Caurel, organizarase unha tirada de Fogo Central e outra de Armas Históricas; en Avancarga tiraremos en Piñal (revólver de cartuchería metálica), Mariette, Kuchenreuter e calquera outra modalidade que os tiradores escollan.

Para os madrugadores haberá café con churros ou bolechas, e ao remate das tiradas, ou entre tanda e tanda, estamos invitados a papar uns petiscos do bo churrasco de porco celta de Triacastela baixo en colesterol con pan de trigo do país de forno de leña de Antas de Ulla, empanada (¿¡de cocido¡?) de Sarria, viño, refrescos e café, sempre e cando non se esgoten as existencias na cociña da cantina do campo de tiro de Sarria.

Agradécese confirmación da asistencia antes do 15/05/2013, aínda que non pasa nada por chegar a última hora e participar nunha tirada, aínda sen petisco de churrasco.

Non só de pólvora vivimos os tiradores, e de cando en vez...