miércoles, 24 de septiembre de 2014

RESULTADOS do IV Concurso-Exhibición de Armas Históricas, 2014. Club de Tiro Costa Lucense, Concello de Xove, Lugo

¡A cañonazos!, pero inofensivos e de pólvora negra. Así rematou esta última edición do entrañable e tradicional IV Concurso-Exhibición de Armas Históricas co que nos agasallan dende o Club de Tiro Costa Lucense de Xove.

 

CLASIFICACIÓN

Kuchenreuter

1º- Chao Abad, Ramón, con 94 puntos.
2º- González Fuertes, Ángel, 90 puntos.
3º- Vivero Cuba, Ángel, 79 puntos.
4º- Jul Rivas, Sara
5º- Galante Mosquera, Manuel
6º- Fernández Casas, José

Mariette

1º- Chao Abad, Ramón, con 88 puntos.
2º- González Fuertes, Ángel, 79 puntos.
3º- Vila Freire, Alberto, 75 puntos.

Donald Malson

1º- Pita Rodríguez, José Manuel, con 61 puntos.

Piñal

1º- Rodríguez Rego, Alfredo, con 84 puntos.
2º- Iglesias Darriba, José Antonio, 83 puntos.
3º- Vila Freire, Alberto, 81 puntos.
4º- Pita Rodríguez, José Manuel
5º- Barreiro Luces, Xabier
6º- Marco rey, Amadeo
7º- González Desela, José Francisco

Vetterli

1º- Galante Mosquera, Manuel, con 89 puntos.
2º- Chao Abad, Ramón, con 87 puntos.
3º- Vila Freire, Alberto, 79 puntos.
4º- Oroza Oroza, José Manuel, 79 puntos (< 10)

Impresionante ambientación na uniformidade dos tiradores e das súas acompañantes, de tal xeito que haberá que convocar un certame de atrezzo avancargueiro.

Nin que decir da organización e do seu traballo, que como sempre ofreceunos unha xornada con moito fume de pólvora, tranquilidade, relax, paz e amor. Participamos en tres modalidades e algún repetíu. Ao remate seguimos coa gastronomía avancargueira, unha mariscada-xantar que case é pecado polos sentimentos que levanta. Os de Xove merecen a nosa gratitude e afecto.

Notamos as ausencias, pero é que había campeonatos e circunstancias persoáis e non puideron achegarse. Supoñemos que na vindeira edición seremos os de sempre e algunha nova incorporación. 

A ter en conta unha máis que posible recreación histórica de avancarga na praia de Area para o verán de 2015. Tamén teremos unha actuación musical do trío revelación deste ano, Os sex pistóns, co mestre Pita na guitarra e compoñendo as cancións, X. B. coa percusión e impoñendo o ritmo, e Hightower nos teclados amosando un pouco de seriedade.

As fotos do asunto foron cedidas pola amable señora de Daniel Boone e polo Sheriff Arpaio Jr., pódense ver aquí: https://www.flickr.com/photos/59172901@N02/, e se alguén ten máis, pode enviarmas e poñémolas no álbum.


Os "Arpaio brothers", como bos sheriff que son, tiraron en Piñal afinando ben a puntería.

O compostelán Daniel Boone, co seu carrapucho de coiro con pelo de raposo galego e as súas armas de avancarga, dispoñéndose a iniciar a competición na que acadou moi bo apuntuación en Vetterli.


McRamon ensinando a bailar unha danza scotish a un cubano salseiro e revolucionario.

Saúde e moita pólvora negra! O ano que ven, moito máis e mellor.